Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Curso de verán

En galego, no mundo

Rematou a 22 edición dos cursos de Lingua e Cultura Galega para estranxeiros que cada ano organiza o ILG, e que recibiu alumnado de 28 estados. Vídeo no interior.

Redacción - 09:00 03/08/2009

Con satisfacción polo aprendido, moitos recordos imborrábeis e gañas de volver para o vindeiro ano. Así se despediron os máis de 100 alumnos que este verán pasaron polos cursos de verán do Insitituto de Lingua Galega (ILG). A vixésimo segunda edición destes cursos de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros pechou as súas portas cun acto oficial, que estivo presidido polo reitor da USC, Senén Barro.

Nesta edición participaron nestes cursos máis de cen estudantes procedentes de 28 estados como Alemaña, Arxentina, Brasil, Reino Unido, República Checa, Chile, Costa Rica, Croacia, Cuba, Eslovenia, España, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Greza, Hungría, Indonesia, Italia, Marrocos, México, Polonia, Porto Rico, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Ucraína e Venezuela.

En conxunto, máis de dous millares de alumnos de todo o mundo pasaron xa polas aulas da USC para participar nesta iniciativa formativa e cultural que organizan conxuntamente o Instituto da Lingua Galega da USC, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.


4/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Video 1: recuperamos a nosa conversa con varios alumnos deste curso: explican os seus motivos para aprender galego

Vídeo 2: Falan do conflito lingüístico e do seu futuro con respecto á nosa fala