Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rexeitada a proposta de Corsica Nazione

O francés continuará a ser a única lingua oficial na illa de Córsega

Os votos en contra dos partidos unionistas na Asemblea corsa impiden que o idioma propio do país goce dos mesmos dereitos.

Redacción - 19:00 25/07/2009
O corso segue 'amordazado'

O corso segue 'amordazado'

O francés continuará a ser polo momento a única lingua oficial na illa de Córsega. Esta semana a maioría dos deputados da Asemblea territorial rexeitou a moción presentada polo líder de Corsica Nazione Independente, Jean-Guy Talamoni, para dotar o corso dos mesmos dereitos xurídicos ca o idioma imposto dende París.

Actualmente, o corso ten un cativo recoñecemento legal, ao igual que o resto de linguas minorizadas no Estado francés. Dos 47 representantes políticos presentes (de 51, en total, con que conta a Cámara), 19 votaron a favor e 28 (55%), en contra.

Entre estes últimos, informan os medios locais, o principal argumento esgrimido foi que "o número de falantes non aumenta, que o bilingüismo na escola primaria non é unha realidade e que só o 12% dos escolares seguen un ensino bilingüe", segundo Madeleine Mozziconacci, de La Corse dans la République (bloque de esquerda).

Pola súa banda, Antoine Giorgi da UMP (dereita) asegurou que a moción votada "corría o risco de ser interpretada como unha oposición á lingua francesa e de constituír un factor de diferenciación" entre os falantes e os non falantes do corso.

A excepción foi Dominique Bucchini, do Partido Comunista e contrario as teses nacionalistas, que apoiou a necesidade de darlle ao corso o estatuto de cooficialidade, algo que -dixo- non entra en conflito coa lingua da República, senón que a complementa.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: