Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
EN BRANDENBURGO

Xosé Luis Bouza, bronce no Campionato de Europa de Piragüismo

Con esta medalla asegura a súa participacións nos Campionatos do Mundo, que terán lugar o vindeiro agosto en Canadá.

Redacción - 18:00 27/06/2009

O relevo está asegurado entre os padexeiros galegos. Xosé Luís Bouza confirmou este sábado que é un serio aspirante a converterse nun dos nosos mellores deportistas. Logo de chagar ao Campionato de Europa de Piragüismo deixando fora ao subcampión olímpico de Beijing, David Cal, Bouza non deixou escapar a medalla na categoría C-1 1000 metros. Este tudense, de 23 anos, consolidou nos últimos 250 metros de percorrido unha remontada que o levou dende o sétimo posto que ocupaba ao paso polo primeiro parcial, ao sexto no segundo, o cuarto no terceiro e finalmente chegando á meta ocupando postos de podio.

A marca do padexeiro formado no prestixioso Kayak Tudense foi de tres minutos e 55 segundos, só catro segundos por detrás do gañador da medalla de ouro, que recaeu en Attila Vajda. O propio Bouza amosouse moi satisfeito de poder compartir o podio europeo co húngaro, vixente campión olímpico e atleta admirado polo galego. O segundo sería o alemán Sebastian Brendel, cun rexistro de tres minutos e 52 segundos. Xa en C-2, o propio Bouza, que competía xunto co seu compañeiro Daniel Costa, acadou o noveno posto.

Logo deste resultado, o galego asegura a súa participación nos Campionatos do Mundo, que terán lugar o vindeiro agosto en Canadá, dos que xa queda fora definitivamente David Cal.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: