Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PIRAGÜISMO

O Kayak Tudense afiánzase como mellor club

Este equipo de Tui gañou por terceiro ano consecutivo o campionato estatal de inverno, só dúas semanas despois de gañar o galego.

Redacción - 12:25 23/03/2009
O Kayak Tudense dá un novo paso na consolidación do liderado que o piragüismo galego exerce a nivel estatal

O Kayak Tudense dá un novo paso na consolidación do liderado que o piragüismo galego exerce a nivel estatal

O piragüismo continúa sendo unha das disciplinas en que Galiza semella ter garantido un prolífero futuro, tal e como corroboran os resultados acadados no campionato estatal de inverno. Alí o Kayak Tudense foi o gañador final da competición, seguido por As Torres-Romería Vikinga, de Catoira. Segundo o presidente e director técnico do club tudense, Esteban Alonso, este resultado demostra que "Galicia non só ten un gran potencial a nivel individual, senón tamén por equipos".

Este resultados por equipos melloran un discreto papel individual de padexeiros como Carlos Pérez ou David Cal, que non conseguiron estar entre os 10 primeiros das súas categorías. Destacaron a vitoria de Tania Fernández na final de K-1 xuvenil; a prata e o bronce de Ángel Ribademar e José Luís Bouza en C-1; ou a cuarta posición de Teresa Portela en K-1.

Padrón acolleu unha proba da copa de augas bravas
A copa estatal de augas bravas tivo en Padrón a súa segunda cita, cun marcado protagonismo galego. Mario Fontán foi o mellor na categoría de canoa cadete onde Emilio Carreira foi terceiro; mentres que os xuvenís Hugo Moroño e Marcos Lage remataron terceiros na categoría absoluta de C-2. Esta é a segunda cita da copa estatal de slálom, competición á que aínda lle restan outras catro xornadas antes de que remate a tempada.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: