Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xenofobia en Europa

O cento de romaneses atacados hai sete días en Belfast optan por marchar

A igrexa da cidade que lles dera acubillo temporal apareceu cos cristais rotos este martes.

Redacción - 16:30 23/06/2009
25 persoas xa marcharon

25 persoas xa marcharon

Un cento de cidadáns romaneses que tiveron que fuxir das súas casas en Belfast a semana pasada logo de sufrir ataques racistas decidiron marchar de Irlanda do Norte e regresar ao seu fogar.

O Ministerio de Asuntos Sociais do Goberno do Ulster comunicou que 25 persoas xa emprenderan a viaxe, outras 75 íano facer tan pronto como lles fose posíbel e que 14 optaran por ficar. E o Ministerio de Vivenda sinalou que está a financiar o traslado cos fondos para emerxencias.

Por outra banda, a igrexa da cidade que lles dera acubillo as familias foi atacada este luns á noite. O pastor da Belfast City Church, Malcolm Morgan, declarou que romperan sete fiestras a pedradas e que danaran a porta principal.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: