Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AÍNDA NON SE IDENTIFICARON OS CULPÁBEIS

115 romaneses refúxianse nunha igrexa de Belfast, fuxindo de ataques racistas

Durante catro días chimpáronlles pedras e botellas contra a súas casas, ademais de deixarlles exemplares do 'Mein Kampf' na caixa de correo.

Redacción - 13:00 17/06/2009
Algúns dos veciños que deixaron as súas vivendas por mor dos ataques racistas

Algúns dos veciños que deixaron as súas vivendas por mor dos ataques racistas

Uns 115 cidadáns romaneses afincados en Belfast están refuxiados dende a pasada noite nunha igrexa protestante da cidade, coa intención de fuxir dos ataques racistas que sufriron os últimos catro días. As forzas de seguridade irlandesas axudaron ás 20 familias a abandonar o seus fogares situados na área de Lisburn, ao sur da cidade, despois de ser vítimas de ataques con botellas e ladrillos. Ademais, moitos atoparon nas súas caixas de correo exemplares do libro Main Kampf, escrito por Adolf Hitler no 1925. Ademais, na noite do martes grupos de mozos de extrema dereita lanzaron botellas mentres facían o saúdo nazi a veciños da cidade, que participaban nunha protesta pacífica contra os ataques aos inmigrantes.

Ante esta situación as familias trataron de xuntarse nunha casa da zona, pero todos non collían na vivenda e foi ese o motivo polo que pediron axuda a unha igrexa protestante do lugar. O pastor desta igrexa, Malcolm Morgan, lamentou os incidentes e animou aos seus veciños a contribuír neste contexto e "amosar o outro lado, o lado solidario de Irlanda do Norte". Pola súa parte, a alcaldesa da cidade, Naomi Long, cualificou como "totalmente inaceptábeis" os feitos acontecidos e animou aos veciños dos barrios do sur a saír á rúa para protestar.

A Policía pide a colaboración cidadá
En nome da Policía falou o inspector xefe Robert Murdie, e considera que non existe unha campaña organizada contra estas empresas, pero si que recoñeceu informacións sobre a implicacións de grupos racistas como Combat 18. Murdie explicou que están buscando nas cámaras de circuíto pechado imaxes que axuden á identificación dos autores, e instou aos veciños a colaborar nesta labor xa que, as autoridades pensan que os culpábeis son veciños da zona. Tamén anunciou que aumentarán a seguridade na zona para evitar conflitos nos vindeiros días.


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: