Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Versión 4.0

A web da Central Folque recibe un "lavado de cara"

O Centro Galego de Música Popular renova o seu portal web, con máis información, máis contidos e máis actualizacións.

Redacción - 08:00 23/06/2009
O acto de presentación tivo lugar no concello compostelán

O acto de presentación tivo lugar no concello compostelán

O Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque, renovou a súa páxina web para darlle cabida a novas iniciativas, ao tempo que supón un "lavado de cara" e unha estrutura "dinámica", segundo incidou o responsábel de comunicación do centro, Mauro Sanín.

O novo portal permite acceder dun xeito máis sinxelo ás novidades do mundo da música, ás actividades incluídas na axenda do centro e a informacións útiles sobre os seus centros de estudo. O proxecto xa pasou por tres versións anteriores dende o seu nacemento, en Lalín no ano 2002.

Conta con varias seccións, como aCentral, con información sobre o espírito do centro, coñecer o equipo de produción e contactar con mesmo; Ensino, con datos sobre os centros de estudos xestionados polo colectivo, información de matrícula e planos de estudos.

A parte multimedia está presente no apartado +Folque, onde se pode acceder a un listado de vídeos, ligazóns, textos de interese e unha relación de artistas relacionados coa música tradicional. Na mesma sección publicaranse os mellores traballos de investigación nese eido producidos polo estudantado de aCentral Folque nos últimos anos.

A nova web é dinámica e usa código aberto. Ademais, a súa xestión faise a través da intranet, o que permite a súa actualización dun xeito máis axil, segundo explicou Denís Mariño, da empresa Acordar Comunicación en Internet, creadora da páxina.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: