Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMICIOS ELECTORAIS

Os arredistas gañan as eleccións en Grenlandia

O Inuit Ataqatigiit, un partido socialista de corte independentista, fíxose co 43,7% dos votos e rematou coa hexemonía da socialdemocracia.

Redacción - 19:00 03/06/2009

Tal e como prevían as enquisas, o Inuit Ataqatigiit (IA) gañou as eleccións de Grenlandia co 43,7% dos votos, botando así do poder aos socialdemócratas do Siumut, que mantiñan a súa hexemonía dende que este territorio baixo soberanía danesa obtivese a súa autonomía en 1979.

O triunfo foi contundente, xa que avanzou o 21,3% en relación aos anteriores comicios de 2005 e duplicou os seus escanos até 14 dos 31 deputados do Inastsisartut, o Parlamento groenlandés, segundo os resultados oficiais difundidos pola Autoridade electoral.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: