Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Referendo

Grenlandia aproba o estatuto que pon a illa no vieiro da independencia

O 'Si' a rachar con Dinamarca consegue o 75,54% dos votos, por un 23,57% do 'Non'.

Redacción / Axencias - 10:00 26/11/2008
A participación estivo perto do 72%

A participación estivo perto do 72%

Grenlandia aprobou en referendo a ampliación do seu novo estatuto de autonomía, que recoñece o dereito de autodeterminación deste territorio de Dinamarca, co 75,54% dos votos, informaron esta cuarta feira as autoridades rexionais. As últimas enquisas prognosticaban un apoio ao Si por riba do 60%.

O Non obtivo o 23,57%. A consulta rexistrou unha participación de case o 72%, unha cifra superior á esperada polas autoridades electorais. O referendo, de carácter consultivo, terá que ser ratificado polos parlamentos de Nuuk e Copenhague, mais hai un acordo implícito de todas as forzas políticas para respectar o seu resultado.


5/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: