Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
O GOBERNO VENEZUELANO FOI CONDEADO DÚAS VECES POR EXTRADICIÓNS ILEGAIS

Detido un cidadán vasco con residencia legal en Venezuela

O cidadán vasco Iñaki Etxeberria Landazabal, residente en Venezuela con documentación legal desde 1996 foi detido o martes 21 de abril pola policía venezuelana, Cuerpo de Investigaciones Penales y Crimanalísticas. A asociación de dereitos humanos PROVEA, lembra que en 2002 foron secuestrados e entregados ao Goberno español outros dous cidadáns vascos, residentes legais polo que o Estado venezuelano tivo que pagar unha indemnización despois de ser condenado pola Comisión Interamericana de Dereitos Humanos.

Xurxo Martínez Crespo - 14:47 27/04/2009

O Programa Venezolano de Educación Acción en Derechos Humanos Provea dirixiu un comunicado á comunidade venezuelana e á internacional pola detención arbitraria por parte do goberno venezuelano do cidadán vasco Iñaki Etxeberria Landazabal. informacións de última hora indican que o goberno venezuelano procedería a súa deportación sen cumprir as normas que sobre deportación de estranxeiros prevé a Lei de Estranxeiría e Inmigración venezuelana nin o Tratado de Extradición vixente entre o Estado español e Venezuela.

Iñaki Etxeberría reside en Venezuela con documentación legal. Ten residencia desde hai 13 anos, 1996, e o seu número de documento de identidade venezuelana é E-82.226.911. Foi detido o martes 21 de abril, á noite, presuntamente por funcionarios do Cuerpo de Investigaciones Científicas Penales y Criminalísticas e arestora está detido na Oficina Nacional de Identificación y Extranjería ONIDEX.

Venezuela condenada por extradicións violatorioas dos dereitos humanos en 2002


En  2002 violando toda a normativa xurídica venezuelana foron entregados ao goberno do Estado español as persoas de orixe vasca Juan Bitor Galarza Mendiola (deportado o 2 de xuño de 2002) e Sebastián Etxaniz Alkorta (deportado o 16 de decembro de 2002). Ámbolos dous residían con documentación legal e o goberno venezuelano mentiu afirmando que estabn residindo en Venezuela ilegalmente. Por este caso o Estado venezuelano foi demandado perante a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (caso 12.555) caso que terminou cun acordo Amigábel no que o goberno venezuelano recoñeceu que realizara unha deportación ilegal violatoria dos dereitos humanos (http://www.cidh.org/annualrep/2006sp/Venezuela12555sp.htm). Unha das persoas deportadas foi torturada por funcionarios españois e xulgada con aberta violación ao debido proceso e posteriormente negouse a pagar as indemnizacións.

De conformidade coa Ley de extranjería e inmigración venezuelana nos artigos 39 ao 45 o procedemento de expulsión implica o dereito á defensa da persoa que se pretende expulsar e expresamente estabelece o artigo 44 que a deportación ou expulsión soamente poderá realizarse logo que se haxan esgotado por parte da persoa que se pretende expulsar todos os recursos administrativos e xudiciais que contempla a lexislación venezuelana.

Entre a República Bolivariana de Venezuela e o Estado español hai, vixente, un Tratado de extradición que obriga ao goberno español a presentar probas fidedignas diante da Sala Penal do Tribunal Supremo de Justicia de Venezuela (Máximo Tribunal venezuelano) e debe esgotarse todo o procedemento de extradición.

No ano 2002 o goberno venezuelano, tal coma o recoñeceu no Acordo Amigábel subscrito diante da Comisión Interamericana de Dereitos Humanos, violou tanto a Constitución venezuelana, a Ley de EXtranjería e Inmigración e o Tratado de extradición.

Pola súa conta Provea, esixiu, unha vez máis, ao estado venezuelano ser respectuoso da normativa xurídica nacional e internacional e en particular exorta á Defensoría del Pueblo (equivalente ao Valedor do Pobo) a que asuma a defensa dos dereitos humanos de Iñaki Etxeberria Landazabal e impida, como no ano 2002, unha nova deportación contraria ás leis e a Constitución venezuelanas.


4/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: