Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
os últimos, esta sexta feira

Xa son cinco os empresarios detidos en relación á trama de tráfico de inmigrantes

Pertencen aos sectores da automoción, a construción e a hostalaría de Compostela e Noia. Cobrábanlles a emigrantes marroquí por darlles traballo aquí.

Redacción - 13:30 28/02/2009
Membros de CCOO o pasado 18 de xaneiro, na manifestación 'Galiza con Palestina'

Membros de CCOO o pasado 18 de xaneiro, na manifestación 'Galiza con Palestina'

Esta sexta feira os axentes da Brigada Provincial de Estranxeiría Documentación e Fronteiras da Coruña arrestaron a tres empresarios da zona da Noia, que se dedican aos sectores da construción e a hostalaría. Estes tres novos detidos únense a outras tres persoas arrestadas entre a cuarta e a quinta feira en Compostela e o Milladoiro. Dous deles eran empresarios, e un terceiro traballador do Centro de Información a Traballadores Estranxeiros (CITE) de Comisión Obreiras (CCOO) en Compostela.

Os seis detidos estarían supostamente relacionadas cunha trama de tráfico de persoas inmigrantes, sobre todo cidadáns marroquís, aos que lles cobrarían por darlles traballo en empresas galegas. De momento, a investigación continúa aberta e a policía española anda na procura de novos documentos laborais que probarían a relación das persoas supostamente explotadas con estas empresas. Os axentes atopáronse cunha trama moito máis ampla e estendida do que se pensou nun comezo, de aí que os rexistros e detencións poidan continuar nos vindeiros días.

CCOO xa fixo pública a súa intención de persoarse como acusación particular na causa, e o seu secretario xeral, Xan María Castro, pediu que os feitos se esclarezan canto antes. Dende o sindicato insisten, ademais, que o único implicado no caso é o traballador do CITE, e insisten en que a central non ten ningunha relación coas actividades que puidese estar realizando este sindicalista dende o seu posto de traballo.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: