Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Compostela

Investigan unha trama de tráfico de inmigrantes na que podería estar implicado un traballador de CCOO

A policía detivo unha persoa esta cuarta feira na capital por, supostamente, cobrarlle a cidadáns marroquís por darlles traballo en empresas galegas.

Redacción - 10:15 26/02/2009
Membros de CCOO o pasado 18 de xaneiro, na manifestación 'Galiza con Palestina'

Membros de CCOO o pasado 18 de xaneiro, na manifestación 'Galiza con Palestina'

A policía española rexistrou, esta cuarta feira de tarde, o Centro de Información a Traballadores Estranxeiros (CITE), en Compostela, unha entidade dependente de Comisión Obreiras (CCOO), que se atopa situado na mesma sede do sindicato. Ao saír, os axentes levaban con eles abundante documentación e un computador, segundo publica o xornal La Voz de Galicia.

Ao parecer, están a buscar probas sobre a existencia dunha suposta trama que, ao parecer, desenvolvida por un traballador do CITE, traía inmigrantes dende Marrocos a Galiza, previo pago de certas cantidades pactadas, para ofrecerlles traballo en empresas galegas.

Durante toda a tarde os axentes practicaron outros rexistros na capital, e detiveron a un traballador do CITE, que máis tarde estaría presente no rexistro da súa propia oficina. A policía española trata de investigar o grao de implicación deste traballador nunha trama que sería parecida á que hai un mes se descubriu na Coruña, e que terminou coa detención dun empresario da cidade. Dende CCOO só dixeron que aínda non saben moito da acusación, pero que, en todo caso, só vai dirixida contra unha persoa, un traballador, e non todo o sindicato.

CCOO vaise persoar como acusación particular
O secretario xeral de Xuventude e Inmigración de CCOO de Galiza, Melchor Roel, anunciou, ao coñecer a investigación, que a central "se vai persoar como acusación particular e ha prestarlle a máxima colaboración" á Xusticia para esclarecer o suposto delito relacionado con asuntos de extranxeiría do traballador do CITE. Roel tamén quixo desvincular o CITE de calquera operación de intermediación con estranxeiros no país de orixe, xa que, segundo dixo, "limítase a labores de información, asesoramento e de acompañamento", polo que, de confirmarse o suposto delito, "trataríase dunha actividade particular" do detido, sinalou.

Este responsábel sindical lembrou que o caso está baixo secreto sumarial, mais insistiu na intención de CC.OO. de "limpar a súa imaxe", así como en pedir "a presunción de inocencia" para o traballador detido, que ocupaba este posto dende 1998.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: