Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A prensa israelí cuestiona a tregua

"Por que morre un soldado, se Israel recuperou a capacidade disuasoria?"

O Exército bombardea os túneles de Gaza en resposta aos enfrontamentos deste martes, pouco antes da visita do enviado de EUA.

F. A. - 14:00 28/01/2009

Logo da morte dun soldado israelí -e un labrego palestino- este martes na fronteira de Gaza, a prensa local comeza a cuestionar a decisión de lle pór fin á operación militar sobre a Faixa.

"Se a capacidade disuasoria de Israel na Faixa de Gaza foi realmente restaurada, por que morre un soldado alí pouco despois da retirada do Exército?", pregúntase o xornal Haaretz.

Nunha análise publicada esta cuarta feira, o diario considera que os feitos lle poderían estar dando a razón ao Likud (partido de dereitas, na oposición). É dicir, debeuse de "completar o traballo e esmagar Hamas" antes de marchar.

A tenor das enquisas electorais (Israel celebra lexislativas o 10 de febreiro), a cidadanía israelí semella pensar o mesmo. As forzas máis reaccionarias avanzan, e os candidatos do goberno de coalición, Ehud Barak (laborista) e Tzipi Livni (Kadima), non conseguen o apoio que contaban gañar co ataque sobre Gaza.

Haaretz
avoga por unha resposta "contundente, mais non excesiva", tendo en conta que as eleccións están na porta ínfera e que esta cuarta feira o enviado especial de Estados Unidos para Oriente Próximo, George J. Mitchell, visita Israel.

Novos bombardeos
Horas antes da chegada do diplomático -que xa participou nas conversas de paz en Irlanda do Norte-, na madrugada da terza á cuarta feira, aeronaves israelís atacaron os túneles situados entre a Faixa de Gaza e Exipto, usados para o contrabando de bens e armas.

Os enfrontamentos son as primeiras accións militares dende o cesamento do fogo. Israel e Hamas negocian a través de mediadores exipcios unha tregua máis extensa. Hamas quere que Israel levante o bloqueo a Gaza, e Israel, garantías de que Hamas non volverá lanzar foguetes.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O ministro de Defensa, Ehud Barak, de visita nunha base do sur de Israel este martes
O ministro de Defensa, Ehud Barak, de visita nunha base do sur de Israel este martes
Entrada a un dos túneles usados para evitar o bloqueo imposto polo Estado de Israel a Gaza
Entrada a un dos túneles usados para evitar o bloqueo imposto polo Estado de Israel a Gaza