Logo de tres semanas de ataques, o gabinete de seguridade de Tel Aviv ten previsto tomar unha decisión sobre unha posíbel tregua este sábado.
A ministra de Asuntos Exteriores israelí, Tzipi Livni, confirmou que o goberno israelí se reunirá este sábado para decidir se estabelece un alto o fogo unilateral na Faixa de Gaza.
Mentres os ataques continúan, responsábeis do goberno de Tel Aviv adiantaron que o seu primeiro ministro, Ehud Olmert, convocará na noite deste sábado ao seu gabinete de seguridade para decidir a convocatoria dunha tregua. Con todo, Israel non negociará directamente con Hamás e xa advertiu que a súa decisión non implicará que non respondan fronte a "posíbeis ataques dos milicianos palestinos".
Pola súa parte, en Doha (Qatar), o líder exiliado de Hamás, Jaled Meshaal, xa adiantou aos líderes árabes que o seu grupo non aceptará as condicións israelís para un alto o fogo e loitará até que Israel remate coas súas hostilidades.
Así recollen a noticia outros medios: