Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alto número de menores asasinados

"Israel viola os dereitos dos cativos"

Así o denuncia a ONU, que convocou xuntanza para este xoves ao tempo que o exército israelí agarda a orde para o asalto ao centro de Gaza.

Redacción - 09:00 14/01/2009

"Coa súa ofensiva militar contra Gaza, Istael está transgredindo de xeito flagrante o dereito dos menores á vida, a supervivencia e a seren protexidos de toda violencia". Así o recolle o comunicado asinado polo Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas, que acusa a Israel de ter "unha falta de respecto manifesta" pola protección dos cativos de Gaza.

O organismo da ONU recorda que arredor do 40% dos falecidos até o de agora nos bombardeos israelís sobre a franxa foron nenos e mulleres e láiase de que Israel manteña os ataques lanzados expresamente cara a lugares onde se presume a existencia de menores malia ter asinado no seu momento a Convención sobre os Dereitos dos Nenos. "Os ataques terán un profundo impacto emocional e psicolóxico en toda unha xeración de nenos en Gaza", advirte o documento.

E mentres o centro de dereitos humanos palestino Al Mezan avisa xa de perto de cen milleiros de cidadáns desprazados dos seus fogares debido á campaña militar, o exército israelí mantén o acoso sobre os arrabaldos da capital e agarda a orde para irromper no centro.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: