Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
No ensino secundario

O portugués será materia obrigatoria para as escolas arxentinas

Coa integración co Mercosur como un dos obxectivos subliñados, o Senado arxentino aprobou a iniciativa.

Redacción - 11:45 09/01/2009
O Senado votou a prol do impulso do portugués en Arxentina

O Senado votou a prol do impulso do portugués en Arxentina

Malia que en Brasil xa existía hai ben anos un marco legal que introduciu o español nas escolas brasileiras, non foi até o de agora que a veciña Arxentina se decide á reciprocidade nese ámbito lingüístico. Así, a lei sancionada polo Senado a finais do 2008 estabelece a oferta obrigatoria do ensino da lingua portuguesa nas escolas arxentinas durante a etapa de secundaria. Ademais, a lingua será tamén optativa oficial na etapa de primaria nas escolas das provincias fronteirizas co Brasil.

Malia que a título individual algúns colexios xa introduciran cursos de portugués, non é até agora que se inicia o proceso para o deseño dunha proposta curricular formal e unitaria e a elaboración dun plan de formación de profesorado para impartir a materia. Unha iniciativa que obrigará a todas as escolas a ofertaren esta lingua. Ademais, a avaliación correspondente outorgaralle aos alumnos certificacións oficiais sobre o idioma portugués. "Supón un incentivo ao aprendizaxe e constitúe un paso importante no proceso de integración cos países do Mercosur, especialmente co Brasil, onde xa existe unha lei moi parecida", explicou para a prensa a senadora Blanca Osuna, promotora da proposta, recordando o aumento do intercambio académico e educativo entre Brasil e Arxentina.


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: