Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COORDINADO POR XOSÉ MAHOU

O Concello de Vigo, exemplo de e-administración segundo un estudo da EGAP

O libro repasa as experiencias que se deron nos últimos anos a prol do e-goberno e a súa influencia na mellora da participación democrática.

Redacción - 09:00 29/12/2008

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acaba de publicar A administración electrónica, un estudo coordinado polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra Xosé Mahou.

Entre os exemplos que se inclúen no libro destaca a web do Concello de Vigo, proxecto web deseñado por Acordar, que recibe arredor de 160 mil visitas mensuais e está considerada unha das páxinas municipais que ofrecen máis servizos electrónicos para a cidadanía. A publicación recolle diferentes experiencias de éxito de goberno electrónico, que ofrece novas oportunidades para o acceso da poboación a estruturas cada vez máis transparentes.

Segundo explicou Mahou en declaracións ao Diario da Universidade de Vigo, "a obra servirá de referencia tanto para o mundo académico como da administración, xa que se trata do primeiro volume deste estilo que se publica en Galiza", e pode contribuír "a un debate de maior calado sobre o tema".

No estudo analízase a evolución que se produciu na administración electrónica no país dende 2005, cando se puxeron en marcha "varias medidas que amosan a predisposición do Goberno a seguir avanzando neste terreo". Divídese en tres grandes bloques temáticos: plans estratéxicos e goberno electrónico, a cidadanía e o espazo público virtual e administración electrónica local, centrada nos concellos.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: