Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALIZA CONÉCTASE Á REDE S.A.R.A.

Paso adiante para a administración electrónica

A Xunta poderá acceder a servizos de verificación de datos de identidade e de residencia dos cidadáns así como ao enderezo único electrónico.

Redacción - 09:00 15/02/2008

Xunta de Galicia e o Ministerio de Administracións Públicas asinarán un convenio para a prestación mutua de servizos de administración electrónica, o cal non comporta obrigas económicas. Desta maneira, a Xunta de Galicia terá conexión á Rede SARA (Sistemas, Aplicacións e Redes para as Administracións). Este convenio ten unha vixencia de tres anos e ambas as partes poderán acceder a funcionalidades doutros servizos.

A Rede SARA está integrada por infraestruturas tecnolóxicas que permiten conectar en rede a todas as administracións que o desexen e facilitar un sistema de intercambio de aplicacións entre elas. Con este convenio búscase determinar un enlace común para todas as necesidades de intercomunicación entre administracións. A conexión proporcionase a través dunha Área de Conexión situada en dependencias da Xunta e que é instalada, administrada e mantida polo MAP. A Área de Conexión comunica a Rede Corporativa da Xunta coas redes corporativas doutras administracións e entidades públicas conectadas a SARA, coa intranet da Administración xeral do Estado e coa Rede TESTA II da Comisión Europea.

Este convenio permitirá que a Xunta de Galicia acceda aos servizos de Verificación de datos de identidade e de residencia dos cidadáns; plataforma de validación e firma electrónica; Enderezo Electrónico Único e Catálogo de Procedementos do Servizo de Notificacións Telemáticas Seguras; e Comunicación de domicilio a organismos da Administración xeral do Estado.


1,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: