Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONSELLO

O Goberno facilitará a relación coa cidadanía a través da administración electrónica

Segundo estabelece un decreto aprobado este xoves, reducirase a documentación obrigatoria e crearase o Portelo 24x7

Redacción - 19:30 23/10/2008

O Goberno facilitará os procesos de tramitación administrativa mediante o uso de técnicas informáticas e telemáticas. Así o estabelece un decreto aprobado este xoves no Consello da Xunta, que ten tamén a pretensión de reducir a documentación que debe presentar a cidadanía na rúa relación coa Administración.

A norma suprime a obriga de presentar a fotocopia do documento de identidade e do certificado de empadroamento, pois o órgano reponsábel poderá comprobar a información cos datos do Ministerio de Administracións Públicas, previo consentimento do interesado. Do mesmo xeito, tampouco se esixirán documentos xerados pola propia Xunta. O obxectivo é impulsar unha administración máis áxil garantindo a operabilidade entre as diferentes unidades administrativas e os seus sistemas de información.

O decreto tamén supón a creación do Portelo 24x7, co que a Xunta lle ofrece á cidadanía a posibilidade de presentar vía electrónica os escritos ou comunicacións en calquera momento, as 24 horas agás os días inhábiles determinados no DOG. Os documentos validaranse mediante sinatura electrónica e quedarán rexistrados na base de datos do Goberno. Dende alí pasarán á consellaría correspondente para a súa tramitación.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: