A 13ª entidade financeira mundial xa perdera a cuarta parte do valor en bolsa fronte ao ruxerruxe da intervención estatal.
"O goberno sabe que se trata dunha intervención pouco usual, pero non se exclúen medidas para protexer os aforradores", explicaba este domingo Wouter Bos, ministro neerlandés de Finanzas. Bos insistiu en que o ING é unha entidade "sa" que non terá problemas cara ao futuro. Confirmaba así que o goberno inxecta 10 mil millóns nunha empresa adicada a banca, investimentos e seguros que conta en todo o planeta con arredor de 75 millóns de clientes.
Con esta operación, o executivo dos Países Baixos gasta a metade do fondo especial de 20 mil millóns creado hai pouco para enfrontar os problemas agoirados nas entidades. Anteriormente, xa participara xunto cos executivos de Bélxica e Luxemburgo nunha acción conxunta sobre o grupo banqueiro Fortis. P goberno terá así dous conselleiros con dereito a veto na dirección de ING. De paso estabelécense bloqueos para os bonos que agrandaban as contas dos executivos da entidade.