Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo da presión do goberno

Inédita dimisión dos xestores do xigante francés Caisse d'Epargne

Despois de perder 600 millóns de euros no cualificado de "incidente" de mercado, o presidente e dous altos cargos asumen "responsabilidades".

Redacción - 09:00 20/10/2008
O presidente do grupo francés nunha imaxe de arquivo

O presidente do grupo francés nunha imaxe de arquivo

Non é habitual estes días oír da saída voluntaria dos altos cargos das entidades financeiras malia os cambaleos sufridos despois de anos de operacións cuestionábeis. Por iso destaca entre as novas recentes no ámbito económico a da dimisión de Charles Milhaud, o presidente da Caisse d'Epargne, o grupo financeiro que inclúe as caixas francesas, que sae da compañía xunto ao director xeneral e o responsábel financeiro.

O grupo Caisse d'Epargne admitira o pasado venres a perda de arredor de 600 millóns de euros, e desde aquela xa se coñecera o despido de varios responsábeis directos das operacións implicadas, entre eles o xerente da carteira en bolsa do grupo e o seu equipo máis próximo. O acontecido foi criticado por varios membros do goberno francés, incluído o presidente Sarkozy. O suceso podería complicar ademais a negociación co Banque Populaire para a creación do que será o segundo grupo financeiro do país.

Máis: Liberation e Le Monde


2,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: