A judoca Sara Álvarez vén de gañar o campionato de Europa Sub 20. Ademais, a bicampioa de taekwondo Belén Asensio vai competir con Galiza.
Esta segunda feira a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, rendeulle homenaxe á judoca luguesa Sara Álvarez, que vén de se conseguir o título de campioa de Europa Sub 20 na categoría de máis de 78 quilos. Álvarez vai participar, ademais, no vindeiro Campionato do Mundo na súa categoría.
Éxitos tamén no taekwondo
É sabida xa os éxitos dos deportistas galegos nos deportes relacionados coa loita, como por exemplo o taekwondo (onde destacan xente coma Estefanía Hernández, campioa europea desta especialidade, ou Bruno García, medalla de prata no Mundial Universitario). No judo galego tamén hai grandes promesas, alén de Sara Álvarez, como Carla Mosquera ou Jesús Maquieira. Ademais, agora haberá unha bicampioa do Mundo de taekwondo competindo baixo bandeira galega.
Será a madrileña Belén Asensio, que esta tempada terá licenza federativa galega. Asensio ten 32 anos e un extraordinario palmarés, no que ademais de varios títulos e medallas destacan dous Campionatos do Mundo: Canadá 1999 e Madrid 2005.
A decisión de mudar a súa licenza tomouna Asensio despois de dous anos vivindo en Pontevedra, adestrando co equipo do CGTD de Pontevedra. Dende agora pasará a facer parte da selección galega sénior deste deporte.