A deportista de Ribeira impúxose na final á croata Martina Zubcic.
A deportista de Ribeira Estefanía Hernández acadou este sábado pola tarde unha medalla de ouro nos Campionatos de Europa de taekwondo que se están a celebrar en Roma.
A galega subiu ao máis alto do podio logo de impoñerse na final da categoría feminina de -59 quilos. Hernández bateu por 4 puntos a -1 á croata Martina Zubcic. Antes a loitadora galega vencera á holandesa Deborah Louz.