Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Para Bruno García e Estefanía Hernández

Dúas pratas galegas no Mundial Universitario de Taekwondo

En Galiza hai unha estraña forza nas artes marciais que fai que en cada competición internacional os deportistas do país gañen un metal.

Redacción - 18:09 23/07/2008
Bruno García

Bruno García

A pasada fin de semana dous taekwondistas galegos subiron ao podio no Mundial Universitario, que se desenvolveu en Belgrado (Serbia).

A primeira das dúas medallas de prata que gañaron os galegos foi para Estefanía Hernández (da categoría de -59 quilos e representante da UNED), que chegou á final vencendo á canadense Carla Bacco, a serbia Tamara Gorjup e á holandesa Louz Deborah. No último enfrontamento a galega perdeu contra a chinesa Pei-Hua Tseng, mais pechou un ano completo no que, ademais do subcampionato do Mundo, tamén gañou o Estatal Universitario e obtivo unha medalla de ouro no Europeo.

A outra medalla de prata no Mundial Universitario de Taekwondo foi para Bruno García (representante da Universidade de Vigo), un mozo que adestra no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD), e que só perdeu na final de -62 quilos contra o coreano Min-Wook Jeong, despois de superar aos representantes de Casaquistán, EUA e Francia.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: