Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Campaña de Fegama

Aprender a convivencia co lobo

En setembro estará en marcha unha campaña de concienciación social para "diminuír a conflitividade" entre a fauna salvaxe e a gandaría tradicional.

Redacción / Europa Press - 11:30 13/08/2008
Tags: Fegama lobo

A poboación actual de lobos en Galiza, entre 600 e 700 nos montes do país, "é garantía de que determinados equilibrios se manteñan" e se evite a desaparición doutras especies, explicaba este martes Miguel Acuña, da Federación Galega de Medioambiente (Fegama). A plataforma vai poñer en marcha en setembro unha campaña coa meta de favorecer a "convivencia" entre fauna salvaxe, sobre todo os lobos, e o sector agrogandeiro.

Alén de destacar esa "importancia ecolóxica" do lobo, que inclúe entre a súa dieta a xabarís e corzos, dúas especies que "están a crear problemas" entre os gandeiros, Fegama fornecerá de material divulgativo, charlas para escolares e encontros para o debate, dando a coñecer ademais as axudas que destina a Xunta para os danos causados polos lobos e en favor da "compatibilidade" entre a biodiversidade e a gandaría extensiva.

Con estas actuacións pretenden entre outras cousas "contrarrestar as mensaxes exclusivamente negativas" sobre a incidencia do lobo nas montañas. Con esa fin, a campaña pasará por até 15 municipios das zonas de Os Ancares e o Macizo Central "especialmente afectados" polos danos causados por estes animais.


3,4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: