Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enquisas dos axentes forestais

Medio Ambiente contabilizou 592 ataques de lobo entre 2006 e 2007

A consellaría emprega este rexistro para determinar se a poboación de cánidos aumenta ou diminúe malia que os expertos consideran que este mecanismo pouco fiábel.

Redacción - 10:40 03/02/2008
En Galiza hai arredor de medio milleiro de lobos

En Galiza hai arredor de medio milleiro de lobos

Segundo os datos publicados esta semana no DOG, a Consellaría de Medio Ambiente contabilizou 592 ataques de lobo ao gando galego, entre o 1 de outubro de 2006 e o 30 de setembro de 2007.

Lalín (Deza), con 21 sucesos; Cerceda (Ordes), con 16; A Lama (Pontevedra), con 15; e Xermade (A Terra Chá), con 14, son os catro concellos onde se certificaron máis casos.

A consellaría utiliza este rexistro, elaborado na maioría dos casos por membros da Garda Civil -que ademais son os que avalan que o ataque foi de lobo e non de can asilvestrado, entre outras cousas-, para determinar se o número de exemplares de lobo en Galiza aumenta ou diminúe.

Porén, os biólogos e demais expertos naturistas consideran que este mecanismo é pouco fiábel á hora de estabelecer un censo real.

Dende 2006 o número de avisos de ataques de lobo aumentou, coincidindo coa inclusión do gando equino dentro das axudas da Xunta. Até daquelas o número superaba lixeiramente o 50% das actuais.


1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: