Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol. Fichaxes

Un celta cada vez máis irmandiño

A pesar de andar en plena crise, non paran as fichaxes e as incorporacións ao primeiro equipo. A última a de Dani Abalo, que sobe dende 2ª B.

Redacción - 11:34 10/07/2008
Noguerol dixo, cando fichou, que tiña mellores ofertas, pero que "o Celta é o Celta"

Noguerol dixo, cando fichou, que tiña mellores ofertas, pero que "o Celta é o Celta"

O interior Dani Abalo xa é do primeiro equipo. Confirmouno esta cuarta feira o Celta nunha conferencia de prensa na que o mozo arousán dixo estar "desexando que comece a pretempada para afrontala con todas as ganas e a ilusión do mundo". Abalo dixo tamén estar no "día máis feliz da miña vida", e sinalou que a súa meta inmediata é "facerse cun sitio no once".

Coa incorporación de Dani Abalo, que vén da canteira celtista, o equipo vigués é cada vez, un chisquiño máis irmandiño. Nesta pretempada mudaron de adestrador (contratando a Pepe Murcia, e aos seus dous segundos, Ricar e Julio Ortega) e ficharon ao uruguaio Fernando Fajardo, ao ourensán Francisco Noguerol, ao porteiro gaditano Ismael Falcón, ao lugués Roberto Trashorras e ao estremeño Edu Moya. Ademais, o clube anunciou que nas vindeiras semanas aínda vai facer unhas catro incorporacións máis.

Un Celta cada vez máis irmandiño
Dende que comezou a pretempada, o clube celeste apostou por facer fichaxes como a de Trashorras e Noguerol, e andou detrás de Jonathan Pereira, Julio Álvarez e Luis César, (aínda que o primeiro xa fichou polo Racing de Santander) para recuperar, se cadra, a vinculación afectiva cos seus afeccionados que perdeu, en grande medida, coa mediocre tempada xa terminada.

Con xente coma Oubiña, Noguerol, Rubén, Jonathan Vila e Roberto Lago, o equipo celeste seméllase, cada vez máis, ao combinado galego.

Os problemas económicos

As fichaxes seguen chegando, a pesar dos problemas económicos que está a sufrir a entidade celtista.
Aínda que se acolleron á Lei Concursal, e han quedar, a partir desta semana, nas mans de tres administradores, nomeados pola Xustiza e Facenda, o director deportivo do Celta, Ramón Martínez, anunciou que nos próximos días vai haber máis incorporacións: "Agora mesmo podo dicir que hai outros catro xogadores a piques de asinar, se non é a semana próxima, nos vindeiros dez días".

Isto é debido a que, coa concursal, os equipos deixan de mandar nas súas contas, pero non na xestión deportiva.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: