A norma, sucesora da Lei de Suspensión de Pagos, non implica que o consello de administración perda as función que ten atribuídas.
O Consello de Administración do Real Club Celta de Vigo decidiu acollerse á Lei Concursal (a antiga suspensión de pagos) como vía para intentar reducir a débeda acumulada, que a data de 30 de xuño de 2007 estaba cifrada en 84 millóns de euros, e á que hai que sumar as perdas orixinadas esta tempada como consecuencia do seu non ascenso a Primeira.
A través dun comunicado de prensa, o club informou de que "con esta medida (aprobada por unanimidade dos conselleiros presentes) o consello pretende construír un club sólido no aspecto deportivo, estábel no económico e cunha esperanzadora proxección de futuro".
O plan de viabilidad, que non implica a perda das funcións atribuídas ao consello de administración nin das súa política de fichaxes, inclúe a negociación cos dous grandes acredores do Celta: Facenda e Caixanova. Ademais, estase á espera de que o Concello de Vigo aprobe a cesión de Balaídos ao Celta por outros vinte anos, incluíndo a explotación publicitaria e os baixos comerciais.