Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OPORTUNIDADE PARA NOVAS BANDAS

50 grupos participarán no 'Proxecto Runas' do Festival de Ortigueira

Un xurado elixirá 8 finalistas que competirán no Escenario Runas os días 12 e 13 de xullo.

Redacción - 10:32 12/06/2008

O Proxecto Runas ofrece cada ano unha oportunidade a grupos emerxentes para facerse un nome no panorama folk. A final do concurso, despois dunha peneira realizada por un xurado de críticos musicais e polos visitantes da páxina, desenvolvése no propio Festival de Ortigueira, a tarde dos días 12 e 13 de xullo. O público asistente aos concertos valorará aos participantes escollendo a un gañador, que pasará a formar parte do cartaz da seguinte edición do Festival. O pasado ano entre os finalistas estiveron os grupos galego Sete Saias, Crema de gaita e Bonovo, máis o madrileño Balbarda e o andaluz La Jambre.

Na edición 2008 inscribíronse case cincuenta formacións, que agora agardan a decisión do xurado, que se coñecerá nas vindeiras semanas: Pablo Seoane. Kéltiber, Xaile, Blima, Ophiusa, Ghaita da pedra, Nahasiak, Rosa negra, Antubel, Neirela, Qui hi ha?, Zyclo, Covalblu, Pradairo, Dealan, Nemon, Coanhadeira, A cadiera coixa, Amigos de guinness, Cambera´l cierzu, Bauma, Balakandra, Sog, Pulpiño Viascon e a Banda Arpon, La otra banda, Stolen notes, Folkidelia, Xúa, Raigañas de cerqueda, Caruma, La ruta de les estrelles, Keltiar aldea, Toques do caramulo, Banda desarmada, Marta Quintana, Folk on crest, Lúa de fouce, Pan de capazo, Lochlainn, Flipin folk, Divertimento folk, Erdruida, Chotokoeu, Veria, Langue d´oc e Claro que si.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: