Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FESTIVAL DE ORTIGUEIRA

Bandas de Galicia, Euscadi, Castela e León e Portugal competirán no Runas 06

Un total de oito bandas noveis se subiran ao escenario Runas do Festival de Ortigueira´06 para "competir" por ser a mellor banda emerxente da cita. A dirección artística do festival vén de dar a coñecer os nomes dos grupos que pasaron o filtro do xurado e que tentarán facerse un oco no escenario principal de cara á edición do 2007. ‘Som Ibérico’ e ‘Ginga’ de Portugal, ‘Korrontzi’ de Euscadi, os galegos ‘Nao d´ire’, ‘Irtio’, ‘Dani Bellón+Diego Maceiras+Alex Blanco’, ‘Linho do Cuco’ e ‘El espíritu de Lúgubre’ de Castela e León foron os elixidos para esta, a sétima edición do certame do escenario Runas.

- 14:50 19/06/2006
Tags:

O Runas, que nesta, a súa sétima edición, bateu os seus mellores marcas de participación con 75 maquetas a concurso, segue a manterse fiel a súa idea orixinal de servir para que os novos artistas e creadores do folk dean a coñecer os seus traballo ao público, tendo como premio a participación no escenario principal na seguinte edición do Festival de Ortigueira.

Este ano polo escenario Runas pasarán un total de 8 bandas durante a primeira fin de semana de xullo. Así, o sábado 8 de xullo o protagonismo recaerá na proposta mestiza de Som Ibérico (Portugal), a homenaxe aos vellos acordeonistas vascos de Korrontzi (Euscadi), a música orixinal e fresca de Nao d´ire (Galicia) e a innovación dentro da mellor tradición dos vigueses Irtio.

O domingo, e tamén desde 17.30 horas, será a quenda do toque galego dos novísimos Dani Bellón, Diego Maceiras e Alex Blanco, as melodías pegadizas de Linho do Cuco (Galicia), o achegamento moderno ao mundo rural do ‘El espíritu de Lúgubre’ (Castela León) e o folk rock de Ginga (Portugal). O público asistente tamén participará na elección do gañador final do certame.


Ligazóns

0/5 (0 votos)