Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Promesa electoral

Australia comeza a súa retirada definitiva de Iraq

Arredor de 300 membros do Ministerio de Defensa permanecerán no país para realizar tarefas de loxística e de vixilancia aérea.

Redacción - 10:20 02/06/2008
O Exército australiano centrarase na rexión Asia-Pacífico

O Exército australiano centrarase na rexión Asia-Pacífico

Australia, un dos primeiros países en enviar tropas para invadir de Iraq hai cinco anos, deu por finalizadas as súas operacións militares no país, cumprindo coa promesa electoral do primeiro ministro, Kevin Rudd, que accedeu ao poder o pasado mes de novembro.

Este domingo, comezou a retirada definitiva coa saída de medio milleiro de soldados dos 1.500 despregados ao sur do país. Arredor de 300 membros do departamento de Defensa australiano permanecerán, no entanto, para realizar tarefas de loxística e de vixilancia aérea.

O xefe deste ministerio, Joel Fitzgibbon, sinalou que "os recursos do Exército están ao límite; non podemos manter as nosas forzas en Iraq cando hai continxencias potenciais no noso propio patio traseiro", en referencia a suposta ameaza terrorista na rexión Asia-Pacífico.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: