Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Oriente Próximo

Australia retirará de Iraq as súas tropas de combate en 2008

O recentemente electo primeiro ministro comprometérase en campaña levar de volta os soldados que están en primeira liña, 550 dos 1.500 destinados naquel país.

Redacción - 12:03 30/11/2007
Australia foi un dos principais aliados de EUA na invasión militar de Iraq

Australia foi un dos principais aliados de EUA na invasión militar de Iraq

Ao redor de 550 soldados australianos, todos en primeira liña de combate, abandonarán Iraq a mediados do vindeiro ano, segundo anunciou este venres o novo primeiro ministro, Kevin Rudd, nunha emisora de radio, aínda que non marcou un calendario máis concreto.

Rudd gañou as eleccións organizadas o pasado sábado en Australia -que conta con 1.500 efectivos despregados na ocupación da zona- coa promesa de levar de volta á casa as tropas destacadas na loita contra a resistencia iraquí.

O anterior goberno de Australia foi un dos máis firmes aliados de EUA na invasión militar de Iraq. O presidente deste país, George Bush, telefonou a Rudd a pasada fin de semana para felicitalo pola vitoria electoral, mais se descoñece se a retirada de tropas foi un dos temas tratados na conversa.

"Habemos ter unha xuntanza co embaixador estadounidense para estabelecer o procedemento apropiado para a saída das nosas forzas", dixo Rudd, que o luns tomará posesión do cargo oficialmente. Ademais, asegurou que as tropas remanentes continuarán a adestrar a policía e ao exército iraquís, mais nun terceiro país fóra do Iraq.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: