 
 
O líder do partido da oposición en Taiwán Ma Ying-Jeou gañou as eleccións presidenciais que tiveron lugar este sábado na illa, segundo resultados oficiais.
Completado o reconto total, Ying-Jeou do Partido Nacionalista de China (Kuomitang, KMT) conseguiu o 58% dos votos, polo 42% do seu contrincante, Frank Hsieh, do Partido Demócrata Progresista (DPP), formación da que tamén forma parte o presidente saínte, Chen Shui-Bian. 
Ying-Jeou é favorábel a estabelecer pontes entre China e Taiwán para mellorar a relación económica e política. Hsieh tamén fixo campaña neste senso, mais o seu partido e partidario da total independencia.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto