Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Referendo e eleccións presidenciais

"Non deixedes que Taiwán se converta no vindeiro Tíbet"

O presidente taiwanés saínte pediu que "tanto se votades por Hsieh ou por Ma, asegurádevos de votar por Taiwán". Máis de 17 millóns de persoas deciden, ademais, o ingreso da illa na ONU.

Redacción - 10:52 22/03/2008

Máis de 17 millóns de taiwaneses votaron este sábado para decidir o substituto de Chen Shui-Bian á fronte da Presidencia de Taiwán así como a posibilidade de que a illa ingrese na ONU, nun ambiente marcado polo conflito no Tíbet.

A Xunta electoral Central estimou unha participación de arredor do 75%. Está previsto que os resultados das votacións se coñezan este sábado.

O líder do Partido Democrático Progresista (DPP), Frank Hsieh, apoia a total independencia de China, namentres que o opositor Ma Ying-Jeou do Partido Nacionalista de China (Kuomitang, KMT) avoga pola reunificación sempre e cando o sistema de goberno chinés mude cara a unha democracia occidental.

"Tanto se votades por Hsieh ou por Ma, asegurádevos de votar por Taiwán", afirmou Chen, quen engadiu: "Non deixedes que Taiwán se converta no vindeiro Hong Kong; non deixedes que Taiwán se converta no vindeiro Tíbet".

A antiga colonia británica de Hong Kong pasou a volver ser controlada por China en 1997, namentres que o Exército chinés marchou sobre o Tíbet en 1950, razón pola que o conflito latente acabou por estourar esta pasada semana.

Ademais, xunto co voto para elixir o novo presidente dos país, os taiwaneses deciden en referendo sobre un hipotético ingreso de Taiwán na ONU. Esta consulta popular non é vista con bos ollos dende os gobernos de diversos estados, como Estados Unidos, Rusia e o Reino Unido. Malaisia, Chipre e o Estado Español, entre outros, tamén amosaron a súa oposición.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: