A axencia estatal oficial, Xinhua, sinala que este venres varios estabelecementos foron incendiados na capital tibetana, en protesta pola política de China.
Protesta fronte á embaixada de China en Nova Deli, esta cuarta feira
A axencia estatal chinesa, Xinhua, sinala que as protestas tibetanas contra a política de China, en Lhasa, sinala que varios estabelecementos foron incendiados na tarde de hoxe.
Segundo apunta nunha breve información, as tendas "foron incendiadas nun acto de violencia no centro de Lhasa no mediodía (hora local) do venres". A axencia, que cita a testemuñas non identificadas como fonte, non especifica se as tendas incendiadas son propiedade de chineses.
Numerosos monxes tibetanos maniféstanse dende o luns na capital do Tíbet en protesta polo férreo control que mantén Beixín sobre este territorio.
A emisora Radio Free Asia informou de que dous monxes se atopan en estado crítico tras intentaren se suicidar cortando a veas durante as protestas, as máis importantes en vinte anos de soberanía chinesa, segundo os convocantes.
Arredor de trescentos monxes tentaron saír do mosteiro de Sera esta quinta feira, mais a policía evitouno violentamente. Ademais deste, os templos de Drepung e de Ganden permanecen rodeados, segundo fontes citadas pola BBC.