Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recomendacións necesarias para seguir o proceso

A Fiscalía achégalle ao xuíz a información requirida sobre o desbalde do goberno do PP co Gaiás

Propoñen que un experto policial en materia de delitos económicos defina "a transcendencia penal" dos desvíos orzamentarios.

Redacción - 13:30 12/03/2008

A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non dubida de que as recomendacións enviadas ao xulgado serán aceptadas, xa que responden aos propios requirimentos realizados pola xuíz instrutora e axilizarán a investigación. Así, espérase que á volta da Semana Santa se tramite a aceptación e que a comezos de abril estea en marcha de novo o proceso. Con todo, o fiscal portavoz, Xosé Ramón Piñol, explicou este mércores que o procedemento xudicial sobre a Cidade da Cultura "está aínda en fases moi iniciais".

Despois de que a titular do Xulgado de Instrución nº1 de Santiago decidise hai xa máis dun mes a reapertura do caso e lle solicitase ao respecto á Fiscalía que concretase máis o órgano ao que propón que se encomende a investigación sobre irregularidades e desfase económico así como tamén os extremos a investigar; chega a resposta do ministerio público. Deste xeito, a Fiscalía recomenda ampliar a documentación enviada ao xulgado e suxire que sexa un experto da Brigada de Delitos Económicos quen interveña na instrución do caso.

De xeito específico, vanse enviar entre outros os documentos en detalle sobre as obras realizadas en determinados períodos sometidos a investigación; de adxudicacións e honorarios determinados; da concentración de adxudicacións de obra nunha empresa concreta; da designación dunha empresa para a realización dunha auditoría; da renovación do contrato de terminados técnicos contratados para a obra ou aqueles relacionados coa construción dun aparcamento subterráneo.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: