Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sendo o cuñado de Rajoy director económico

Indicios de "responsabilidade contábel" na xestión do Gaiás até 2005

Malia as pegadas atopadas, a Fiscalía do Tribunal de Contas sinala que levará meses resolver se "realmente existe delito".

Redacción - 14:15 16/01/2008
O Tribunal de Contas do Estado podería demandar maior documentación

O Tribunal de Contas do Estado podería demandar maior documentación

Os "indicios de responsabilidade contábel" foron detectados, segundo a Fiscalía do Tribunal de Contas -dependente da Fiscalía Xeral do Estado-, durante a revisión do informe realizado polo Consello de Contas e no que se analizaba o exercicio de 2004.

O órgano fiscalizador confirmoulle este mércores a Europa Press o momento no que se atopa o proceso de investigación, indicando que a partir de agora se abre un procedemento "longo", de varios meses, onde se comprobará se realmente existe delito ou se a causa é suspendida.

O conselleiro relator do Tribunal de Contas terá que examinar a documentación para comprobar os indicios e, se o considera oportuno, demandar máis.

No caso de se confirmaren as sospeitas e se determine a existencia de delito contábel, poderíase estabelecer "a devolución ao erario público" do diñeiro a través dunha sentenza.

Valoración do PPdeG
O voceiro de Cultura do PPdeG, Ignacio López-Chaves, asegurou que o seu grupo está "de acordo" con investigar todo o referido á Cidade da Cultura. Segundo indicou, o que sucede coa Fiscalía do Tribunal de Contas é "o mesmo" que aconteceu en Galiza, onde a Fiscalía iniciou un procedemento que inicialmente un Xulgado de Santiago decidiu arquivar e contra o que se presentou recurso.

López-Chaves afirmou que a situación "non é ningunha novidade", xa que, segundo lembrou, o fiscal actuou en Galiza e agora o fai tamén en Madrid. De feito, "o fiscal do Tribunal de Contas é nomeado polo Consello de Ministros a proposta do fiscal xeral do Estado", dixo.

O cuñado de Rajoy
As contas que son obxecto de investigación corresponden ao período durante o cal o director económico e financeiro da Cidade da Cultura era Manuel Fernández Balboa, cuñado do actual presidente do PP, Mariano Rajoy.

Fernández Balboa compareceu diante da comisión parlamentaria de investigación sobre o Gaiás o pasado 24 de outubro, nunha sesión na que, malia as interpelacións directas ao respecto de socialistas e nacionalistas, rexeitou aclarar as principais cuestións sobre as que se lle requiría.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: