Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Malia diversos informes

O Consello de Seguridade da ONU imponlle novas sancións a Irán

Inclúen a conxelación de capitais no estranxeiro, a prohibición de viaxar a cinco funcionarios e a restrición das ventas de equipamento militar.

Redacción - 12:25 04/03/2008
O envíado de Irán á ONU, Mohammad Khazee

O envíado de Irán á ONU, Mohammad Khazee

O Consello de Seguridade da ONU votou este luns a favor de impoñerlle a Irán novas sancións, máis ríxidas, debido á súa negativa de suspender o programa de enriquecemento de uranio. As sancións inclúen a conxelación de capitais no estranxeiro de trece compañías iranianas, a prohibición de viaxar a cinco funcionarios iranianos e a restrición de vender equipamento a Irán que poida ser utilizado con fins militares.

Os países occidentais sospeitan que Irán podería estar desenvolvendo armas nucleares. Porén, tanto o goberno iraniano, que afirma que o seu programa nuclear é para a xeración de electricidade, como a Axencia Internacional de Enerxía Atómica (IAEA), que en febreiro informou de que Irán aclarara a maioría dos interrogantes en relación ás súas actividades, non concordan. Aínda así, tamén esta axencia criticou que Irán deixase de responder sobre outras cuestións.

Ademais, o pasado mes de decembro, servizos da 'intelixencia' estadounidense difundiron un informe onde recoñecían que Irán paralizara o seu programa nuclear en 2003.

A resolución do Consello de Seguridade recibiu o apoio dos cinco membros permanentes e de nove non permanentes. Indonesia abstívose. O enviado de Irán á ONU, Mohammad Khazee, cualificou a resolución de ilegal, ilexítima e de estar politicamente motivada.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: