Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Oriente Próximo

Malia os informes da 'intelixencia', Bush teima en ameazar Irán

"Irán foi, é e será perigoso con tecnoloxía nuclear", sinalou. A NIE publicou o luns que o país persa paralizou o seu programa atómico en 2003.

Redacción - 19:05 04/12/2007
Stephen Hadley, do NIE, este luns na Casa Branca

Stephen Hadley, do NIE, este luns na Casa Branca

O presidente estadounidense, George Bush, sinalou este martes que Irán "foi, é e será perigosa" se desenvolve o seu programa de enriquecemento de uranio.

Nunha conferencia de prensa na Casa Branca, Bush referiuse ao informe da intelixencia estadounidense (National Intelligence Estimates, NIE) difundido o luns en Estados Unidos. Este afirmaba que Irán paralizara o seu programa nuclear en 2003, mais Bush asegurou que lle deron esta información "a semana pasada".

Xa que logo, apuntou que non tiña coñecemento do estudo cando advertiu, en outubro pasado, de que se a comunidade internacional quería evitar unha III Guerra Mundial tiña que impedir o desenvolvemento do programa nuclear iraniano.

Porén, considerou que o informe non é unha razón para deixar de exercer presión diplomática sobre Irán, porque unha das conclusións que se deducen do estudo é que a estratexia que seguiu EUA "foi efectiva".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: