Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Durante un consello tribal

Un ataque suicida deixa 32 novas mortes no noroeste de Paquistán

Segundo os líderes tribais da localidade de Zarghon Khel, o suicida irrompeu na reunión e fixo estourar a carga explosiva que portaba.

Redacción - 11:50 02/03/2008

Continúan as mortes Paquistán. Canda menos 32 mortos e 40 feridos é o saldo do ataque suicida perpetrado durante a reunión dun consello tribal na rexión de Darra Adamkhel, no noroeste de Paquistán. Segundo indicaron os líderes tribais de Zarghon Khel, o suicida fixo estalar a carga explosiva que levaba no seu corpo tras irromper na reunión.

Os feridos do ataque foron trasladados aos hospitais máis proximos, e xa se extremaron as medidas de seguridade na zona, situada no distrito de Kohat, segundo informacións de APP. Con anterioridade, a "jirga" (asemblea) decidira facer pagar multas e queimar as casas de todos os habitantes da zona que deran refuxio aos insurxentes islámicos.

O pasado 29 de febreiro, outras 40 persoas morreron noutro ataque suicida no val do Swat, nun dos atentados máis sanguentos dende a celebración dos comicios lexislativos paquistanís do 18 de febreiro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: