Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións parlamentarias

Paquistán vota entre as sombras da fraude e a violencia

Os cidadáns elixen os representantes para 242 asentos da Asemblea Nacional e máis de medio milleiro de escanos en catro asembleas provinciais.

Redacción - 09:00 18/02/2008

O feito de que máis dun cento dos 1.400 colexios electorais onde os paquistanís votarán este luns fosen declarados como "puntos de alto risco" ofrece exemplo do contexto no que os cidadáns están chamados a exercer o seu dereito. Malia o amplo despregue de seguridade para evitar actos violentos, na véspera da votación un atentado levaba a vida de medio cento de persoas nunha sede do Partido do Pobo de Paquistán.

Os comicios serian ademais unha comprobación dos apoios cos que conta agora mesmo o presidente do país, Pervez Musharraf. Segundo algunhas sondaxes, o seu partido apenas recibiría o 14% do total de votos. Os últimos acontecementos beneficiarían o PPP, dirixido polo viúvo da ex primeira ministra Benazir Bhutto, que sumaría arredor do 50% de apoios, e á Liga Musulmá que lidera o ex primeiro ministro Nawa Sharif, que conseguiría o 22% do total.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: