Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Pleno extraordinario

A oposición deixa ao rexedor de Mugardos sen dedicación exclusiva

Aproban retirarlle o salario correspondente e suspender de emprego aos dous funcionarios imputados na 'Operación Virgin'.

Redacción - 18:17 31/01/2008

Os grupos da oposición no Concello de Mugardos sumaron os seus votos en sesión plenaria para retirarlle ao alcalde, Xosé Fernández Barcia, o soldo que percibía por dedicación exclusiva. Ademais, acúsano de non cumprir coas súas obrigas e de non convocar as comisións e os plenos ordinarios previstos.

A moción foi debatida esta quinta feira en pleno extraordinario, continuación do iniciado o pasado venres e que tivo que ser suspendido ante as protestas dalgúns veciños. A iniciativa foi impulsada e aprobada cos oito votos de PPdeG, PSdeG, EU e Independentes por Mugardos. Os catro edís do BNG votaron en contra e o alcalde abstívose.

Fernández Barcia deixará de percibir os 30.000 euros ao ano que recibía por dedicación exclusiva e limitará os seus ingresos no concello á asistencia a plenos e comisións.

"A iniciativa non é unha vinganza persoal e política, senón que o alcalde incumpre reiteradamente as súas funcións", sinalou a voceira de Esquerda Unida, Pilar Díaz, o que deriva "nun grave perigo de desgobernabilidade", segundo o representante do PPdeG, Domingo de Deus.

O BNG negou as acusacións e recordou que durante o pasado ano se convocaron 24 sesións plenarias, aínda que só 12 eran obrigatorias.

Ademais, decidiuse suspender de emprego e soldo durante seis meses ao policía local Ovidio Torrente e á aparelladora municipal Carme Piñeiro, imputados na suposta trama urbanística que investiga a 'Operación Virgin'. O resultado da votación foi o mesmo, mais neste caso é o alcalde que ten a competencia sobre a decisión final.


4,18/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: