Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CORRUPCIÓN

Os catro detidos pola trama urbanística de Mugardos quedan en liberdade con cargos

Fontes policiais non descartan que poidan producirse máis detencións nos vindeiros días.

Redacción - 14:55 05/12/2007

Un xulgado de Ferrol deixou en liberdade con cargos aos catro detidos acusados de participar nunha trama urbanística no Concello de Mugardos. O tribunal aceptou a petición da acusación pública, que coida que hai indicios que vinculan a dous funcionarios municipais e a dous socios dun estudo de arquitectura con actuacións urbanísticas irregulares. A Fiscalía acusaba a Carme Piñeiro, a Ovidio Torrente e a Pedro e Xulia Cortizas de supostos delitos de tráfico de influencias.

A operación continúa aberta e non se descartan que se chame a declarar a máis persoas nos vindeiros días. Segundo fontes policiais, as investigacións comezaron o pasado mes de maio logo da denuncia dun particular. A brigada de delitos urbanísticos da Garda Civil foi a encargada das investigacións


4,11/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: