Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Plan de Emerxencia para paliar a seca

Galiza vai contar cun radar de predición de fenómenos meteorolóxicos extremos

O Consello da Xunta aproba un investimento de 5,5 millóns de euros para, entre outras medidas, mellorar o abastecemento dos núcleos de poboación afectados pola falta de chuvias.

Redacción - 17:00 28/12/2007
Imaxe do Consello de Goberno deste xoves

Imaxe do Consello de Goberno deste xoves

O Consello de Goberno aprobou este xoves un plan de emerxencia para a execución inmediata dunha batería de actuacións destinadas a paliar os efectos da seca que está a padecer o país.

O importe total do investimento, que executará a Consellería de Medio Ambiente, ascende a 5.440.860 euros. Destes, 2,4 millóns destinaranse a obras de mellora hidráulica en 13 concellos con carencia de auga para o consumo.

Outros 2,3 millóns están previstos para a adquisición dun radar meteorolóxico, para poder predicir “coa mínima marxe de erro” os fenómenos adversos, especialmente as intensas chuvias causantes de inundacións, como as de 2006, en alternancia coas persistentes secas.

O radar complementará o traballo do xa existente, pertencente ao Instituto de Meteoroloxía estatal, situado no norte de Galiza.

Parques Naturais

Por último, 0,6 millóns de euros destinaranse á restauración das zonas de captación de fontes e manantiais en parques naturais, concretamente na Serra do Xurés, en Fragas do Eume, na Serra da Enciña da Lastra, na Serra do Invernadoiro, en Corrubedo e en Monte Aloia.

Ademais, unha segunda parte deste plan de emerxencia -actualmente en elaboración- vai ser presentadas a mediados do mes de xaneiro.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: