A Consellaría de Medio Ambiente pídelle a todas as administracións un consumo máis responsábel de auga.
O Goberno comezou a tomar as primeiras medidas para afrontar a seca que está a sufrir o país. O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciou que Galiza está xa nunha situación de “prealerta” e dende a Xunta xa se lle pediu a todas as administracións que eviten calquera consumo de auga que non estea suficientemente xustificado. Porén, Manuel Vázquez dixo que está garantido o abastecemento durante os vindeiros meses.
Aínda que esta fin de semana está previsto que cheguen as primeiras precipitacións, de carácter fébel, o conselleiro subliñou que é posíbel que este inverno continúe a ser máis seco do habitual. Segundo os datos da estación de Lourizán, Galiza está a sufrir o outono máis seco dos últimos 47 anos.
Máis información en Metogalicia e na páxina da Consellaría de Medio Ambiente.