Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Temporada de furacáns no Caribe

O 'Félix' deixa un cento de mortos tras o seu paso por Nicaragua e Honduras

Moitos dos finados son habitantes da etnia misquito que morreron tentando fuxir da tormenta de categoría 5.

Redacción - 11:02 07/09/2007
Imaxe por satélite do 'Félix'

Imaxe por satélite do 'Félix'


A cifra de mortos tras o paso do furacán Félix polas costas caribeñas de Nicaragua e Honduras -convertido en tormenta tropical logo de atravesar o macizo montañoso que divide ambos os dous países centroamericanos- aumentou xa a 98, segundo os últimos datos oficiais ofrecidos polo Comité de Urxencia Rexional de Porto Cabezas.

As autoridades traballan na procura de mortos e persoas sobreviventes nas praias remotas das zonas selváticas e en mar aberto. Moitos dos falecidos son habitantes misquitos que morreron tentando escapar da tormenta de categoría 5.

Danos materiais
A Defensa Civil hondureña informou de que hai 6.122 familias afectadas, máis de 40.000 persoas damnificadas e polo menos 15.809 desprazados. En Nicaragua producíronse importantes danos materiais xa que o Félix destruíu totalmente 7.895 vivendas e outras 400 de forma parcial, e hai aldeas onde un 80% das casas están sen teito.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: