Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: nicaragua

6/Novembro/2009 /

Dúas mulleres de Nicaragua entre nós

Sentamos a conversar con Norma e Chilo sobre a Nicaragua de hoxe e o seu traballo coa nosa amiga Ana Vila, apoiado pola asociación luguesa AXUNICA (AXUda NICAragua). Elas mesmas se presentan


3/Xullo/2009 /

Galiza dedica só 4 euros por persoa á cooperación internacional

As ONG convidan o presidente galego a coñecer, na súa primeira viaxe a Nicaragua, a realidade do país americano e "incrementar o esforzo solidario de Galiza".


20/Novembro/2008 /

O cruce de acusacións de fraude electoral tensa a vida nicaraguana

Enfrontamentos nas rúas, mentres a oposición teima en non recoñecer a derrota que indican os resultados preliminares e busca a anulación dos comicios.


Policía antidisturbios contén simpatizantes da FSLN
18/Novembro/2008 /

Milleiros de sandinistas reclaman os resultados electorais nas rúas de Nicaragua

Os países da ALBA expresaron a súa solidariedade co país á vez que rexeitaron a intromisión de EUA nos seus asuntos internos.


Opositores ao goberno sandinista provocaron disturbios nas rúas de Managua
11/Novembro/2008 /

Os sandinistas gobernarán na maioría dos concellos de Nicaragua

O partido do presidente Daniel Ortega, o FSLN, conseguiu 91 das 146 alcaldías do país, mellorando o resultado de 2004.


10/Novembro/2008 /

Os primeiros datos prognostican a vitoria do FSLN nas municipais nicaraguanas

O principal concello estratéxico en xogo, Managua, levaría ao poder local o ex boxeador Alexis Argüello, candidato da Frente Sandinista de Liberación Nacional.


9/Novembro/2008 /

Proba nas urnas para o novo proxecto sandinista en Nicaragua

Primeiro desafío electoral despois da volta ao poder de Daniel Ortega, mentres a oposición chama os nicaragüenses a aproveitar as locais para criticar a deriva "autoritaria" da que acusan o presidente.


7/Marzo/2008 /

Nicaragua racha as relacións con Colombia

Durante o anuncio, o presidente nicaraguano, Daniel Ortega, expuxo que non está satisfeito coa resolución da OEA e agarda que se faga "unha condena clara ao crime".


7/Setembro/2007 /

O 'Félix' deixa un cento de mortos tras o seu paso por Nicaragua e Honduras

Moitos dos finados son habitantes da etnia misquito que morreron tentando fuxir da tormenta de categoría 5.


2/Xullo/2007 /

Principio de acordo entre o goberno de Nicaragua e Unión Fenosa

O estado iniciara en 2006 un xuízo administrativo para anular o contrato de adxudicación por trinta anos, por deficiencias no servizo.


15/Marzo/2007 /

Nicaragua inicia o movemento cara á nacionalización de electricidade e teléfono

Omar Cabezas, Procurador dos Dereitos Humanos en Nicaragua, apoiará as mobilizacións sociais que presionen cara a ese obxectivo.


7/Febreiro/2007 /

O goberno estatal xustifica as accións de Fenosa en Nicaragua

As organizacións adscritas á campaña "a Ir-Responsabilidade Social da Unión Penosa. Nicaragua ás Escuras", denuncian a complicidade do Goberno estatal cos abusos que Fenosa comete contra os dereitos humanos en Nicaragua. Dende o executivo, respondéronlle a unha cara de denuncia alegando que a concesión de Fenosa é lícita, a suba das tarifas débese ao déficit, e os cortes de luz débense á falta de subministración eléctrica por parte dos provedores locais. A plataforma rebate estes argumentos e lembra as consecuencias que está a ter a xestión da electricidade en Nicaragua.