Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
piragüismo

David Cal marcha de Galiza ante a falta da garantías para adestrar

O palista e mailo seu entrenador Suso Morlán adestrarán dende agora en Asturias.

Redacción - 18:11 29/05/2007
Cal marcha a Asturias, onde a dispoñibilidade das pistas "si está garantida"

Cal marcha a Asturias, onde a dispoñibilidade das pistas "si está garantida"

"A falta de garantías sobre as condicións de emprego das novas instalacións galegas" de Verducio, en Pontevedra, fixeron, segundo comunica a federación estatal de piragüismo, que Cal marche de Galiza polo menos até despois do Mundial de Piragüismo, que se ha celebrar en Alemaña no mes de agosto.

O palista tiña pensado completar a súa formación en Verducido, mais segundo parece, as pistas -onde se han disputar os Campionatos de Europa, en xullo- non cumpren as condicións que procura a equipa de Cal. Nen sequera o Centro de Tecnificación de Galicia situado en Pontevedra, posúe os servizos específicos para "realizar a mellor preparación posíbel de cara o obxectivo olímpico" que o palista de Cangas precisa.

O galego vai estar adestrando dende a terza no Centro de Tecnificación de Asturias situado no embalse de Santa Cruz de Trasona, que, segundo din dende a federación, a Dirección Xeral de Deportes do Principado "puxo enteiramente ao seu dispor". Volverá en xuño a Galiza para disputar os Campionatos Europeos, mais até despois dos Campionatos do Mundo non se saberá con certeza se vai voltar adestrar á terra.

Nos Campionatos do Mundo, David Cal vai tentar asegurar unha praza de seu nos Xogos Olímpicos de Pekín, e poder, quen sabe, volver conseguir algunha medalla de ouro, coma en Atenas.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: