A partir de hoxe e en dez días xulgarase en audiencia pública a posíbel dopaxe do norteamericano. De ser atopado culpábel, o Tour sería para Pereiro.
No caso de atopar a Floyd Landis culpábel, será a primeira vez en 104 anos da historia do Tour de Francia que un gañador é desposuído do seu título e suspendido por dous anos.
A partir de hoxe e durante dez días, a USADA (Axencia Anti Dopaxe dos USA) xulgará en audiencia pública o posíbel caso de dopaxe do ciclista estadounidense Floyd Landis. Se Landis é atopado culpábel, o galego Óscar Pereiro sería declarado publicamente gañador do Tour de Francia 2006.
Mais Landis segue a proclamar a súa inocencia, e a semana pasada arremeteu contra a USADA denunciando un trato de favor da axencia norteamericana cara el, se ofrece probas sobre as dopaxes de Amstrong. O norteamericano asegurou ter recibido ofertas da axencia para incriminar ao sete veces gañador do Tour, Lance Amstrong, a cambio dunha reducción na súa sanción.
O venres e por teleconferencia, o ciclista aseguraba que nen sequera se molestou en ollar por riba a oferta que Travis Tygart, membro da USADA, lle trasladaba ao seu avogado, xa que se considera inocente e di que o seu caso non garda relación co de Amstrong.
O vindeiro día 24 saberase á fin se Landis é declarado inocente e se o título do Tour 2006 podería pasar a mans de Pereiro. Daquela o galego quedaría primeiro, seguido do alemán Kloden e do español Carlos Sastre.