As rúas de Vigo tinxíronse de amarelo este domingo para reclamar a proclamación de Óscar Pereiro como gañador do Tour do 2006. Un milleiro de ciclistas, afeccionados e federados, participaron na marcha en apoio ao corredor galego que organizaba o xornal Atlántico Diario. O propio homenaxeado non quixo perder a cita e participou na marcha aínda que foi o único que non vestiu de amarelo. A organización anunciou que farán chegar á Unión Ciclista Internacional unhas tarxetas firmadas por todos os participantes nas que se esixe que o galego reciba por fin o título de gañador da edición do 2006 da rolda gala.